



QUE OFRECEMOS
A nosa empresa ofrece unha gran variedade de construcións modulares tanto temporais coma permanentes, adaptables as necesidades e demandas dos nosos clientes. Incentivando así as súas propostas creativas para que poidan aproveitar todas as vantaxes tanto económicas como ambientais de este tipo de construcións.
Desenrolamos unha técnica innovadora e única en Galicia; a construción modular con contedores marítimos reciclados, cun deseño flexible que se axuste a realidade cambiante en función das necesidades que están xurdindo.
Ofrecemos os nosos módulos a entidades locais e autonómicas para utilizar este tipo de construcións, non só polos seus múltiples usos, senón para facelos partícipes dunha maneira sostible e eficiente do aproveitamento dos recursos e polo tanto, aportar a súa contribución para crear un medio ambiente máis san, tendencia da economía que estamos vivindo nestes momentos.
O proxecto técnico pode ser adaptable a unha multitude de demandas, contamos cun catálogo con distintos modelos predeseñados.
Dende EFICONTER levamos a cabo todas as fases do proceso construtivo.