top of page

O NOSO OBXETIVO

O noso obxectivo principal é reducir ó máximo os desperdicios creados pola sociedade reutilizando estes contedores que diariamente son abandonados á intemperie e que inevitablemente soltan partículas contaminantes ao aire. Polo tanto, coa súa reutilización colaboramos coa tendencia do reciclaxe que está en indubidable crecemento.

​

A nosa empresa ofrece un produto orientado cara un futuro máis limpo  no que se aproveiten os residuos xerados para crear novos produtos eficientes e de 0 emisións xa que temos moi en conta que a produción masificada xera moitos residuos e consume moita enerxía. En EFICONTER aportamos solucións sinxelas, rápidas e de fácil instalación para que o usuario non teña que facer nada máis que usalo.

​

Xa que grazas ao material co que están creados, teñen unha resistencia constructiva moi importante e a vez teñen unha lixeireza extra aportando unha gran vantaxe como o transporte de maneira sinxela. A isto témoslle que engadir que é un material autoportante, o que significa que non necesita de cimentacións adicionais como na construción tradicional.

​

Por último, creamos módulos temporais ou permanentes que ofrecen diferentes utilidades para diferentes actividades xa sexan eventos socias, publicitarios ou creados polo axuntamento.

bottom of page