top of page




1/5
Concienciados co medioambiente, funcionamos como unha economía circular
Todos os elementos de desfeito que xera a natureza cumpren unha función de maneira continuada e son reutilizados para o seu aproveitamento en diferentes etapas, pensemos nas follas caídas no outono: ao descompoñérense serven como fertilizante natural e nutren o solo. Unha economía circular funciona igual que a natureza, os seus residuos son aproveitados para outros fins, é dicir, non xera residuos.
Ante o gran crecemento da demanda de bens en todo o mundo e fronte a ameaza dun esgotamento das materias primas, a economía circular aparece como unha alternativa ao sistema lineal actual, na que os produtos non se reutilizan unha vez finalizada a súa vida útil, evitando así un colapso no mercado.

PROCESO MÓDULOS BUNGALOW
![]() | ![]() | ![]() |
---|---|---|
![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
bottom of page